Tinguidura de Giemsa
A tinguidura de Giemsa é un método habitual para o exame de frotis sanguíneos, cortes histolóxicos e outro tipo de mostras biolóxicas. Este método ten utilidade sobre todo para manifesta-las rickettsias localizadas dentro da célula hóspede. A coloración Giemsa emprégase tamén para tinguir frotis de sangue no exame para protozoos, aínda que tamén se poden empregar outras coloracións como é a técnica de citoconcentración para parasitos sanguíneos, a cal ten un baixo custo e ofrece a posibilidade de illar e identificar no mesmo sedimento o parasito principal, con excepción dos trofozoitos máis novos e o Plasmodium falciparum. Tamén se emprega a modificación de Wright.
Fundamento
[editar | editar a fonte]Estes organismos adquiren unha coloración diferencial e vense dentro do citoplasma da célula hóspede. A técnica de Giemsa está formada por varios colorantes: as tinturas neutras empregadas combinan o azul de metileno como tintura básica e a eosina como tintura ácida, o que dá unha ampla gama de cores; o azul de metileno é un colorante metacromático, de aí que moitas estruturas se tingan de púrpura e non de azul. O pH da solución de coloración é crítico e débese axustar idealmente de acordo a diversos fixadores. A gama do pH debe estar entre 6.4 e 6.9.
Para mostras histolóxicas, os mellores resultados obtéñense en mostras fixadas con formol, incluídas en parafina e cortadas entre 3 e 6 microns.
Procedemento
[editar | editar a fonte]- Desparafinar e hidratar.
- Aplicar solución de traballo de Giemsa durante 10 minutos.
- Deshidratar con alcohol absoluto, 3 cambios.
- Aclarar con xilol, 3 cambios.
Os resultados obtidos son os seguintes:
- Citoplasma: rosa.
- Núcleos: azul.
- Eritrocitos: vermello.
- Gránulos das células cebadas: púrpura.
- Bacterias: azul.
- Parasitos: azul.
Esta técnica presenta multitude de variantes, pero as diferenzas baséanse no emprego ou non de diferenciador, o tempo de permanencia do colorante, o uso de alcohois en diferente graduación etc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARP, ed. (1992). Métodos Histotecnológicos. Instituto de patología de las Fuerzas Armadas de los EEUU (AFIP).
- Sheehan, Dezna; Hrapchak, Barbara (1980). Theory and practice of Histotechnology. The C.V. Mosby Company (2 Ed ed.).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.revistaaquatic.com/aquatic/html/art505/piscrick.htm
- https://web.archive.org/web/20090905072724/http://www.imagenmed.com/especiales/ie18/tincion_02.html
- http://library.med.utah.edu/WebPath/HISTHTML/MANUALS
- https://web.archive.org/web/20160305042519/http://www.conganat.org/9congreso/trabajo.asp?id_trabajo=606&tipo=3